Hoxe por aquí hai unha suposta folga no ensino na suposta defensa do galego ante a suposta ameaza dun decreto que a Xunta supostamente vai publicar para supostamente corrixir os supostos problemas que viña supostamente causando a suposta imposición supostamente vixente até agora.Son dos que cre que unha lingua forma parte do patrimonio cultural das persoas e das sociedades. E que iso non é exactamente o mesmo que ser patrimonio dos territorios ou as divisións administrativas.
Son dos que sempre creron que discutir pola lingua é enfrontarse polo continente para non falar do "contido".
Son dos que cre que non debe importar a lingua na que poidan aprenden as matemáticas. Estamos a piques de alumar unha xeración que será capaz de sumar mal en tres linguas distintas.
Son dos que cre que non se lle fai un favor unha lingua porque se use para dobrar ou subtitular as tertulias dos progrmas do corazón ou o "Gran Hermano".
Sempre crin que as linguas valían para entendernos non para clasificarnos, etiquetarnos ou mesmo discriminarnos ou enfrontarnos.
Ás veces, ouvindo algúns debates, teño a sensación de asistir a antigos enfrontamentos relixiosos entre reformistas e contrarreformistas. Estes nin sequera caracterizábanse, como moitas discusións, por tratar de levar a auga ao seu muíño, senón porque houbese un único muíño no centro do río e que fose o seu.

Despois de ter ocasión de compartir momentos felices e tristes con xentes que falaban galego, español, portugués, catalán, eúscaro, inglés, esloveno, finés, alemán, italiano, francés, sueco, checo, eslovaco, estoniano, holandés, polaco, lituano, malaio, coreano, tok pisin, hiri motu ou pama-ñungano ...
... creo firmemente que non hai nada nada como a linguaxe corporal.
Visto en: Sinal de tráfico en finlandés e sueco en Helsinqui - tomada fai unos anos, só minutos antes de entrar no cinema e ver una película na versión orixinal inglesa subtitulada á vez en sueco (amarelo) e finlandés (branco). É decir unha sopa de letras de hora e media na pantalla. :-)
BSO: Body Language Blues - O blues do Linguaxe Corporal - por Micha (un descubrimento no youtube)
Nota1: A pesares de que este blog de todo a cen adoita estar escrito en castelán, observarían que hoxe vai escrito en galego. Chámeno levar a contraria, folga á xaponesa, ou como queiran]
Nota2: Para obtener una versión en Castellano o en otro idioma pueden usar este enlace.